O día 01 de maio a ANPA do centro realizou un mercado solidario para recadar fondos destinados ao banco de alimentos "OPERACIÓN QUILO... NO COLE", banco destinado a axudar, na medida do posible, a cubrir as necesidades básicas das familias dos alumnos con menos recursos económicos.
O mercado realizouse no patio do colexio e contou con 28 postos de venta do máis variado: roupa, calzado, tartas e postres, manualidades, bisutería, decoración... Tamén houbo un xantar polo módico prezo de 5 euros.
A ANPA - CEIP Profesor Albino Núñez quere agradecer a colaboración de todos e anímanos a seguir sendo solidarios... A OPERACIÓN QUILO... NO COLE... CONTINÚA .