O pasado 31 de maio tivemos unha visita moi especial: Montserrat Liceras, compoñente do grupo musical XESTREU e nai de dous nenos do noso cole, Manuel e Mateo de 4 anos, estivo no noso centro para darnos unha clase moi especial.
Como na clase de 4 anos estiveron traballando no proxecto ÁFRICA, Montse veu ensinarlles instrumentos e cancións africanas as que acompañou con outras do noso folclore.
Á actividade uníronse todos os alumnos de educación infantil que coñeceron como se pode facer música cunha botella, con cunchas, con axóuxeres... e cantoulles cancións acompañada pola pandeireta ou polas claves (dous paus cilíndricos de madeira)... Foi unha magnífica lección na que os nenos tamén participaron activamente, seguindo o ritmo da música e cantando. Finalmente tamén quixeron tocar eles mesmos os instrumentos traídos por Montse.
Xa na clase, os nenos e nenas de 4 anos seguiron tocando en grupo os distintos instrumentos que tiñan na aula e que foron aportados polas familias ao longo deste trimestre, no cal estiveron traballando diferentes aspectos sobre a cultura, forma de vida, animais... do continente africano.
Só nos queda dar as grazas a Montse pola súa colaboración e desexarlle moitos éxitos co seu grupo musical XESTREU e co seu disco NON ME TOQUES A SAIA!!, o cal vai acompañado dunha campaña contra a violencia de xénero.
Se queredes saber algo máis sobre XESTREU e sobre a estupenda labor que levan a cabo picade na seguinte imaxe: