Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria participaron
na actividade promovida polo Concello de Ourense denominada "Encontros coa autora". O obxectivo principal da mesma é o de poñer en contacto aos nenos/as con autores de libros infantís e xuvenís para que coñezan de forma directa a súa obra e o seu traballo.
A actividade comeza primeiramente coa lectura na aula dun libro axeitado á idade dos nenos/as e logo o encontro co autor/a do citado libro. Este curso o encontro realizouse na Escola Municipal de Artes Escénicas de Ourense o pasado venres, 30 de xaneiro.
O libro lido foi "Escarlatina, a cociñeira defunta" da escritora Ledicia Costas. Un dato importante: o libro recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.
(Se facedes clic na foto da autora accededes á páxina da Editorial Xerais (editora do libro) para coñecer detalles da vida e obra de Ledicia Costas, e se facedes clic na imaxe da portada do libro, podedes ver o argumento do mesmo e acceder a unha ficha de lectura)
Presentación da autora |
|
Ledicia Costas asinando os libros | |
Póster- agasallo dos nenos/as de 6º curso á autora |
Todos os alumnos/as de 6º recoméndanvos a lectura deste libro que segundo as palabras ditas por un deles: "Foi un libro moi entretido ata o final. Cústabame parar de ler"
(preme nas imaxes para acceder ao blog de aula de 6º A onde podedes ler a valoración que fan os nenos/as desta actividade)