Hoxe estamos de noraboa: por fin hoxe confirmouse que a biblioteca escolar do centro foi unha das seleccionadas este curso 2016/2017 para a súa incorporación ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia (PLAMBE).
Hoxe estamos de noraboa: por fin hoxe confirmouse que a biblioteca escolar do centro foi unha das seleccionadas este curso 2016/2017 para a súa incorporación ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia (PLAMBE).
O día O día 20 de outubro a Cruz Vermella de Ourense realizou unha actividade no colexio para o alumnado de 4º e 5º cursos de educación primaria con motivo da celebración do Día Universal do Neno promovido pola ONU.
José Manuel e Vicky explicaron a orixe da Cruz Vermella e algunhas das súas funcións. Tamén explicaron os dereitos recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno. Os alumnos participaron con comentarios e preguntas.
Para facer fincapé no dereito que teñen os nenos a elexir as actividades do seu gusto no tempo de lecer, os monitores animaron os alumnos a expresar aquelas que eran do seu agrado.
Para rematar, unha actividade de traballo en común. Os alumnos distribuíronse en catro grupos e cada un deles debuxou un dos dereitos dos nenos. Cada grupo tivo uns minutos para planificar o traballo e logo, por quendas, intervir cada neno do grupo na elaboración do debuxo. O resultado non estivo nada mal tendo en conta o tempo limitado do que dispuxeron os nenos.
Esperemos que o conxunto das nacións traballen tamén en colaboración para conseguir que os dereitos da infancia estean garantizados en todas as partes.
Sobre os Dereitos do Neno podedes consultar.
"Días como el 20 de noviembre sirven para recordar que los derechos de la infancia están ratificados pero no garantizados.
Desgraciadamente se siguen violando diariamente los derechos de millones de niños y niñas en todos los países del mundo, y son muchos los retos que quedan hou día y que se reflejan en estas cifras:
1 de cada 4 niños y niñas vive en condiciones de extrema pobreza, en familias con ingresos menores a 1 euro diario.
1 de cada 12 niños y niñas muere antes de cumplir los 5 años.
Más de 120 millones de niñas y niños en edad escolar no asisten a la escuela, en su mayoría niñas.
Cada minuto, un/a niño/a muere por una enfermedad vinculada al SIDA. Actualmente hay 15 de millones de niños y niñas que han perdido a sus progenitores a causa del SIDA.
300.000 niños y niñas están sirviendo a gobiernos o fuerzas rebeldes como soldados.
Más de 1,8 millones de niños y, sobre todo, niñas están sometidos a la explotación sexual".
Fonte: UNICEF
(Premede nas imaxes para acceder á galería de fotos)
Comezamos as actividades complementarias deste curso cunha nova actividade incluída dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS. Dito Plan, froito da cooperación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e as autoridades educativas, ten como principal obxectivo "responder de maneira coordinada e eficaz ás cuestións relacionadas coa seguridade de menores e xoves na escola e no seu contorno".
A actividade, realizada o venres 7 de outubro, consistiu nunha charla impartida no centro por unha axente da Policía Nacional aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria. Resumimos os principais obxectivos da mesma:
- Informar aos rapaces e rapazas dos principais problemas de seguridade que lles afectan como colectivo, prestando especial atención á prevención dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes sociais.
- Sensibilizalos e orientalos sobre aqueles comportamentos que podan derivar en accións delictivas, fomentando os valores de responsabilidade, igualdade, respecto e convivencia.
- Inculcarlles a necesidade de comunicar ou solicitar axuda dos seus pais ou profesores acerca de feitos que ocorran dentro ou fóra do recinto escolar, cando a gravidade da situación así o aconselle.
- Mellorar o seu coñecemento e confianza en relación co funcionamento das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e o servizo público que prestan á comunidade así como os distintos canles de comunicación coas mesmas.
(Preme nas imaxes para acceder á galería de fotos)
Na seguinte presentación temos uns consellos moi interesantes sobre a seguridade en internet:
Por terceiro ano consecutivo somos un dos centros seleccionados para participar na XX EDICIÓN DE VOZ NATURA, programa de educación ambiental, que como todos xa sabedes por cursos anteriores, ten como obxectivo principal implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.
Este é un ano especial porque o programa celebra os seus 20 anos de andadura, ao longo dos cales se levaron a cabo case 4000proxectos. Este curso non existe un tema concreto, coma outros anos, que aune todos os proxectos presentados, así que cada centro elexiu o tema que considerou máis oportuno. Aínda que dende o programa recordarán ao longo do ano con diversas actividades, os cinco principais temas que se desenvolveron ao longo destes 20 anos:
"a loita contra os incendios forestais, as reforestacións, a limpeza de zonas degradadas, a reciclaxe e os hortos escolares".
(Preme na imaxe para visualizar a lista de centros participantes e os seus proxectos)
O noso proxecto este curso centrarase nun novo tema: a reciclaxe, baixo o título: RECICLAMOS LIXO CO MELLOR SORRISO- POR UNHA ESCOLA SOSTIBLE. Sen abandonar as nosas actividades do horto escolar, o xardín dos sentidos, escola ponte guapa, e en xeral, o coidado e mellora do noso entorno escolar.
Se queredes seguir as nosas actividades tedes que ir ao noso blog de Voz Natura que acaba de estrear cabeceira co novo título do proxecto:
Un ano máis seguimos avanzando co programa SI! (Saúde Integral), agora os cursos implicados no mesmo xa son: 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. Reproducimos a continuación unha carta da Fundación SHE (que se encarga da organización e difusión do mesmo) animando a todas as familias a participar activamente. Tamén se indican as claves de acceso á páxina web do programa www.programasi.org , donde podedes acceder a materiales e consellos sobre un estilo de vida saudable. (Despois de acceder á páxina web tedes que premer no apartado que indica "INTRANET" e alí introducir o nome de usuario e clave que se indican a continuación):
Tamén vos deixamos un enlace ao último informe sobre a mellora da saúde cardiovascular mediante o fomento de hábitos saudables dende a infancia:
Facémonos eco tamén doutra actividade da que nos informa a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense para que difundamos entre todos os pais/nais e profesorado.
Os vindeiros 25 e 26 de outubro, no Auditorio Municipal, celebraranse unhas xornadas sobre a sobreprotección familiar e as súas consecuencias dirixidas a pais/nais, profesores/as e axentes educadores do Concello. Podedes consultar toda a información no cartel e no tríptico das xornadas:
Facémonos eco dunha nova enviada polo Concello de Ourense para a súa difusión entre todo o alumnado e as familias. Un ano máis os Servizos Sociais do Concello ofertan unha serie de actividades para nenos e nenas que se realizarán nos Centros Cívicos que o Concello ten repartidos pola nosa cidade. Reproducimos a continuación o comunicado:
"Como cada ano os Centros Cívicos que dependen da Concellería de Asuntos Socias do Concello de Ourense abren o prazo para a inscrición nas Actividades para nenos e nenas de Infantil e Primaria (este ano inclúese Secundaria nalgunha das propostas). O obxectivo básico é que os nenos e nenas se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico. A Concellería de Asuntos Sociais tamén pretende que as actividades sexan unha forma de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar.
O prazo de inscrición comenzará o día 26 de setembro de 2016. Hai que recoller as solicitudes nos centros cívicos ou na Oficina de Atención Cidadá (Tlfno: 988 392 909) e entregalas no Rexistro Xeral do Concello."
Premendo nas imaxes accedes á solicitude que tedes que cubrir e entregar para poder inscribir nas actividades aos vosos fillos/as nun dos dous centros cívicos que están ubicados na nosa zona: o centro A Ponte e o centro As Termas:
CENTRO CÍVICO AS TERMAS | CENTRO CÍVICO A PONTE |
Na seguinte ficha adxunta podedes consultar cales son as actividades que se van realizar en cada un dos centros:
ACTIVIDADES NOS CENTROS CÍVICOS 2016-17
No díptico informativo de principio de curso, que reproducimos a continuación, poden consultar diversas informacións: horarios, obxectivos, normas xerais, composición do claustro de profesores, recomendacións...
Nel tamén lles informamos que o vindeiro martes, 27 de setembro, ás 18:00 horas, esperamos a todos os pais/nais e/ou titores legais dos nosos alumnos/as, no salón de actos do centro, onde terá lugar a primeira reunión informativa do curso que acabamos de comezar.
Xa está aberto o prazo para anotarse nas actividades extraescolares do presente curso 2016/17. A maioría das actividades son organizadas pola ANPA do centro en colaboración coa fundación CIPRI GÓMEZ. Coma todos os anos realizaranse (agás a actividade de natación) despois da hora de xantar e estarán atendidas polos monitores que imparten as actividades e polos pais/nais que atenden o servizo de comedor escolar. Ás actividades xa impartidas en cursos anteriores (inglés, infomática, baile moderno, fútbol sala, ludoteca, biblioteca, xadrez, informática...) destacamos a incorporación da nova actividade "Ecopatrulla" relacionada co proxecto de VOZ NATURA que se levará a cabo este ano no centro.
Premendo na seguinte imaxe poden visualizar e descargar o cadro de actividades e a ficha de inscrición nas mesmas.
INFORMAMOS DAS ÚLTIMAS NOVAS COMUNICADAS POLA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO CENTRO (ANPA)
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |