-ORDES DO MECO 2018, INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS:
Xa temos aquí o Entroido ás portas e para ir ambientándonos co tema o pasado luns, 22 de xaneiro, os nenos e nenas de 1º de primaria realizaron no colexio o tradicional obradoiro de comadres e compadres organizado polo Concello de Ourense. Axudados polos monitores Jaime e Xiana confeccionaron os mecos con materiais de refugallo: comezaron facendo o "esqueleto" do boneco ou boneca con papeis de xornais que enrolaron e logo pegaron (2 rolos para as comadres e 3 para os compadres). A continuación pegáronlles unha folla en branco no lugar onde iría a cabeza e alí debuxaron a cara do meco ou meca. Logo vestíronos con papeis de cores vivos, engadíronlles o pelo e finalmente engalanáronos con cintas de cores brillantes, cordóns, pegatinas, pompóns... Mirade cal foi o resultado!!!
A actividade completarase o vindeiro 8 de febreiro na Praza Maior de Ourense, a onde acudirán cos bonecos realizados nos obradoiros, os alumnos do noso centro e doutros centros da cidade para correr o tradicional xoves de comadres.
Pero que pasou este ano no entroido??
Parece que todos os meteoros se conxuraron para aparecer xuntos... e desfilaron...
Con coroas douradas, soles radiantes ... relucían como brillantes!!
Albiscábanse nubes polo horizonte... unhas tapando o sol, outras o monte!!
Foron chegando as pingas saltarinas ... xa se escoitaba a choiva "cantarina"!!
Máis o raio e o trono feroz ... quixeron deixar ouvir a súa potente voz!!
O arco da vella apareceu sorprendido ... a poñer paz con tanta colorido!!
Non faltaron as folerpas abrancazadas... co frío quixeron vir abrazadas!!
E chegou revolto o vento norte... que só resistiu o máis forte!!
Como ven sendo habitual no noso centro, un ano máis na semana previa ao entroido os nenos e nenas foron moi obedientes seguindo as ordes que o noso meco nos daba cada día:
1º DÍA: CALCETÍNS DESIGUAIS, CHAMATIVOS, DE CORES, LUCINDO POR RIBA DA ROUPA... COMEZAMOS A TROULA!!
2º DÍA: SEGUIMOS CON GRAVATAS, LAZOS, COLARES... E QUE LUZAN COS ANDARES!!!
3º DÍA: NA CABEZA POÑEMOS PERRUCAS, GORROS, ANTENAS, SOMBREIROS DE FESTA ... TODO VALE CON TAL DE TAPAR A TESTA!!!
4º DÍA: VOLANTES OU TIRANTES... TI VERÁS COMO TE ATOPAS MÁIS ELEGANTE!!!
O ciclo do Entroido ourensá ten varias datas sinaladas, entre elas os xoves de compadres e os xoves de comadres. Trátase dunha simbólica loita de sexos na que os mecos ou bonecos "os compadres" e "as comadres" son os protagonistas. Uns días antes aos xoves de compadres e comadres, as mulleres realizan uns bonecos chamados "compadres" con figura de home ao que tratan de ridiculizar con roupas chamativas ou "cursis" para provocar o enfado destes. Pola súa banda, os homes realizan "as comadres", tratando de ridiculizar ás mulleres na boneca que confeccionan.
O xoves chamado de compadres, os homes corren detrás das mulleres para arrebar e destrozar os bonecos (os compadres) que realizaran previamente estas. E o xoves de comadres, ao revés ca o xoves anterior, as mulleres corren detrás dos homes para arrebatar as bonecas (as comadres) que confeccionaron eles.
Este curso no centro participamos nesta actividade que trata de contribuír á conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica. A actividade foi organizada polo Concello de Ourense. Así o martes, 21 de febreiro, os alumnos e alumnas de 2º de primaria participaron no centro nun obradoiro destinado a confección de compadres e comadres. O obradoiro foi impartido por Sabela Gago e Flor Figueiroa que lles ensinaron aos nenos e as nenas a realizar os seus respectivos mecos. Foron feitos con materiais de refugallo: papeis de xornais, las, fíos, anacos de papel de todo tipo, botóns, lazos ... como podedes ver na presentación seguinte resultaron moi vistosos e chamativos.
O obradoiro completouse coa asistencia ao propio xoves de comadres que se celebrou o 23 de febreiro na Praza Maior de Ourense. Alí acudiron xunto con varios colexios da cidade e participaron na carreira na que as nenas trataron de destrozar as bonecas realizados polos nenos. Os nenos e as nenas correron e disfrutaron con esta actividade tradicional e ao mesmo tempo lúdica e divertida.
Nos medios de comunicación foi nova, tanto a celebración do obradoiro:
- La Región (edición dixital) 21-2-2017 (información da celebración do obradoiro no centro)
- La Región (edición dixital) 21-2-2017 (fotos do obradoiro)
- Edición impresa do xornal LA REGIÓN:
(Aitor e Yoel mostrando as comadres que confeccionaron)
Coma a celebración do xoves de comadres na Praza Maior de Ourense:
- LA REGIÓN (edición dixital) 23-2-2017
- La REGIÓN (edición impresa) - suplemento VIDA 26-02-2017
- TELEMIÑO (informativos 23-2-2017):
Premendo no seguinte enlace podedes visualizar a información ofrecida o propio día da celebración pola Televisión de Galicia e ollar un vídeo no que entrevistan aos nosos alumnos: Brais, Sabela, André e Erika...
Un ano máis xa temos aquí ao ENTROIDO. Atentos toda a semana ás ORDES DO MECO!!!
E para rematar a semana tan "entroideira" non podía faltar o remate co noso pequeno desfile polo patio do colexio o pasado venres 5 de febreiro. Grazas a todas as familias por achegarse a vernos e pasar un rato connosco e con todos os nenos e nenas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do mesmo.
Mirade que ben seguimos ao longo da semana os "mandados" do MECO:
O LUNS PUXEMOS UN MANDIL... | |
O MARTES ADORNAMOS O PESCOZO: GRAVATAS, LAZOS, COLARES, COLGANTES... TODO VALÍA PARA PROVOCAR ALEGRÍA... | |
O MÉRCORES PUXEMOS LENTES... GRANDES, PEQUENAS, DA PAZ, DO AMOR, MONSTRUOSAS... | |
O XOVES ADORNAMOS AS CABEZAS: GORROS, CASCOS, FLORES, ORELLAS, DIADEMAS, PERRUCAS E ... ANTENAS!! | |
|
E case sen darnos conta xa está aquí o ENTROIDO. Coma todos os anos comezamos coas ORDES DO MECO. Atentos as mesmas e non vos despistedes!!
NESTA SEMANA TAN ENTROIDEIRA SEGUIMOS AS ORDES DO MECO...
O LUNS PUXEMOS GRAVATAS, LAZOS, PANOS...
|
O MARTES ENGADíMOSLLE UN GORRO, SOMBREIRO, VISEIRA, ORELLAS...
|
O MÉRCORES COMPLETAMOS O NOSO ATAVÍO CON COLARES, COLGANTES, PERLAS...
|
O XOVES PINTAMOS AS CARAS!!!
|
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |