Ao longo das últimas semanas realizamos nas aulas actividades relacionadas coa PAZ para preparar a celebración, o 30 de xaneiro, do DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ. Este ano, como novidade, aunamos tamén esta celebración co DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL, que se conmemora o 26 de xaneiro. Deixámosvos unha mostra dos traballos realizados:
RECICLAMOS PALABRAS...
Como este curso o noso proxecto de VOZ NATURA versa sobre a reciclaxe e o aproveitamento dos recursos, os alumnos e alumnas de 5º de primaria, decidiron que tamén podíamos reciclar palabras: Reciclar palabras contrarias á paz e pasalas por unha planta de tratamento para obter palabras renovadas, cheas de ilusión, solidariedade, comprensión... E así realizaron un mural sobre a RECICLAXE DE SENTIMENTOS. |
|
|
RECICLAMOS TAPÓNS...
Ademais de reciclar palabras, quixemos reciclar materiais que empregamos habitualmente e aproveitalos para realizar un mural conxunto. Con tapóns usados tratamos de expresar neste mural os nosos desexos de paz e solidariedade e, ao mesmo tempo, lanzar unha mensaxe sobre o coidado do noso planeta e sobre o aproveitamento dos recursos. |
REALIZAMOS MANDALAS POLA PAZ E POLO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE...
Os nenos e nenas tamén colorearon mandalas co fin de activar a nosa enerxía positiva e manifestar os nosos desexos de paz, amor, respecto, coidado.. Con elas decoraron a árbore da entrada do cole. No seguinte enlace podedes coñecer algo máis sobre o significado das mandalas:
|
|
|
RECORDAMOS FRASES E PERSOAS QUE LOITARON POLA PAZ...
Os nenos e nenas de 2ºB quixeron recordarnos frases famosas relacionadas coa paz que pronunciaron diferentes dirixentes internacionais, pacifistas ou artistas... A figura de Malala Yousafzai, Premio Nobel da Paz, foi recordada polos alumnos de 6º. |
|
EXPRESAMOS COAS MANS E CO CORAZÓN OS NOSOS DESEXOS DE PAZ...
Os pequenos e pequenas de infantil plasmaron as súas mans pola paz do mundo e con corazóns quixeron expresar os rapaces e rapazas de 3º o significado da paz para eles... |
BUSCAMOS AS CORES DA PAZ...
Alumnos e alumnas de 1º de primaria realizaron unha experiencia sobre as cores e a paz, con educadoras do grupo XARELA. Premede no enlace ao blog de VOZ NATURA onde se explica a actividade: |
FIXEMOS NUBES DE ETIQUETAS SOBRE A PAZ...
Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º expresaron, a partir dun remuíño de palabras cal era para eles o significado da palabra paz, e logo plasmáronno visualmente mediante o emprego de nubes de etiquetas realizadas co ordenador. A actividade foi realizada nas tres linguas que estudamos no centro: galego, castelán e inglés. |
|
|
ELABORAMOS RECEITAS PARA A PAZ...
E FINALMENTE BAILAMOS POLA PAZ.
E o 30 de xaneiro culminamos todas as actividades relacionadas con estas datas cun pequeno acto conxunto. Primeiro lemos o manifesto sobre a Paz onde expresamos os nosos desexos cara un mundo pacífico e en harmonía coa natureza e logo bailamos dúas danzas: - LA HORA DEL PLANETA (JUAN D e BEATRIZ) - DANZA DA PAZ (MAMÁ CABRA) |
|
|