DAFIS

DÍA DO DEPORTE

Aquí veredes aos DEPORTISTAS DE INFANTIL gozando dunha soleada xornada en Ribas Altas.

III CARREIRA FAMILIAR

Con motivo do DÍA DA FAMILIA que se celebra cada ano no 15 de maio, o equipo docente de educación infantil convidou ás familias do alumnado para vir correr no cole cos máis peques. Nesta ocasión, o tempo meteorolóxico levounos a facer esta maratón no pavillón deportivo. E, ao final, quen quixo puido correr e correr... Que bonito foi ver a ilusión e as ganas que puxeron todos os participantes!

 

EDUCACIÓN VIAL: 4º infantil (3 anos)

O alumnado de educación infantil neste último trimestre tivo que aprender as normas de circulación para poder circular con vehículos.

Mirade! Mirade ás nenas e aos nenos de 4º de infantil (3 anos) como practican primeiro no colexio e logo no circuíto de educación vial de Cobas.

ASALTO AO CASTELO

O mércores, 15 de xuño de 2022, o alumnado de 6º de infantil (5 anos) subimos á Torre da Homenaxe ataviados con roupas de cabaleiros montando nos nosos cabalos de pau e logramos o noso obxectivo:

ASALTAMOS O CASTELO!!!!

EDUCACIÓN VIAL 2022

O alumnado de Educación Infantil estudamos moito para sacar o CARNÉ DE CONDUCIR e así saber transitar en bicicleta, monopatín... Fixemos un EXAME TEÓRICO e outro, PRÁCTICO. 

Mirade, mirade...