Infantil

Concurso de debuxo: Axuda á Gandariña a recuperar o seu corpo!

A nosa mascota da biblioteca, Gandariña, precisa da túa creatividade! Está a buscar un novo corpo e queremos que ti sexas quen a axude a conseguilo. Participa no Concurso de Debuxo deseñando o corpo que máis che guste para Gandariña, e axúdanos a convertela na mascota de biblioteca máis fermosa da contorna.

Como participar:

•⁠  ⁠Fai un debuxo do corpo de Gandariña en formato folio.

•⁠  ⁠Entrega a túa proposta na biblioteca antes do 21 de outubro.

Este é o momento perfecto para deixar voar a túa imaxinación e colaborar co noso centro educativo! Contamos contigo!

CAMIÑO DO INVERNO 2024

Andando, andando... chegamos a MONFORTE!!!!

Case todo o colexio (menos o grupo dos peques de 3 anos)  o venres, 4 de outubro, fixemos un tramo do CAMIÑO DO INVERNO que pasa por Monforte de Lemos.

E ademais de conseguir o selo, regaláronnos unha bolsa-mochila cunha mazá e un botellín de auga. Graciñas á unha organización moi previsora.

Queredes vernos na andaina? Clicade no seguinte vídeo.

OUTONO: decoración

Que aburrimento!!! Chove todo seguido e non podemos saír fóra!!! 

QUEREDES FACER MANUALIDADES PARA A DECORACIÓN OUTONAL?

Aquel alumnado que o desexe pode facer nos seus fogares algo relacionado co tempo do outono e traelo ao colexio.

Veña!! Estamos desexando ver a vosa creatividade. Aquí tedes algunhas imaxes inspiradoras.

VENDIMA 2024

O pasado luns, 30 de setembro, o alumnado de educación infantil fixo a VENDIMA na escola. O profesorado colocou acios de uvas colgando polo valado do patio e as nenas e nenos tiveron que vendimar as uvas cortando os fíos dos que colgaban, botándoos en capachos, porteándoos ata o soportal e logo, separar as uvas dos cangallos para exprimilos e sacarlle o zume de uva (mosto). Sabedes? Debía estar ben bo porque non sobrou nadiña!!!

 

BIBLIOTECA

 A nosa biblioteca

 

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL