Curso 2024 - 2025

CAMIÑO DO INVERNO 2024

Andando, andando... chegamos a MONFORTE!!!!

Case todo o colexio (menos o grupo dos peques de 3 anos)  o venres, 4 de outubro, fixemos un tramo do CAMIÑO DO INVERNO que pasa por Monforte de Lemos.

E ademais de conseguir o selo, regaláronnos unha bolsa-mochila cunha mazá e un botellín de auga. Graciñas á unha organización moi previsora.

Queredes vernos na andaina? Clicade no seguinte vídeo.

OUTONO: decoración

Que aburrimento!!! Chove todo seguido e non podemos saír fóra!!! 

QUEREDES FACER MANUALIDADES PARA A DECORACIÓN OUTONAL?

Aquel alumnado que o desexe pode facer nos seus fogares algo relacionado co tempo do outono e traelo ao colexio.

Veña!! Estamos desexando ver a vosa creatividade. Aquí tedes algunhas imaxes inspiradoras.

VENDIMA 2024

O pasado luns, 30 de setembro, o alumnado de educación infantil fixo a VENDIMA na escola. O profesorado colocou acios de uvas colgando polo valado do patio e as nenas e nenos tiveron que vendimar as uvas cortando os fíos dos que colgaban, botándoos en capachos, porteándoos ata o soportal e logo, separar as uvas dos cangallos para exprimilos e sacarlle o zume de uva (mosto). Sabedes? Debía estar ben bo porque non sobrou nadiña!!!

 

Actividade 5° de Primaria

Hoxe, día 3 de outubro, o alumnado de 5° de Primaria gozou da primeira sesión dun obradoiro de igualdade organizado pola ANPA, da man de Branca, da asociación Outonía. Fixeron varios xogos para coñecerse a si mesmos e aos demais. Foi unha mañá moi divertida!

 

• Aquí tedes unhas fotos da actividade:



Exposición de Pintura. 6º de E.Primaria

O pasado xoves día 26, o alumnado de 6º de E.Primaria visitou as instalacións de Abanca para ver unha exposición de pintura titulada :

            " Percorridos : do real ao imaxinado " de Anabel Álvarez Goyanes .

  Para ver un resumo en fotos desta saída picade na seguinte ligazón : 

                              https://youtu.be/c8S1YwOn-Io