Educación Patrimonial

III FEIRA DE MOSTRAS

Chegou o día de coller as vacacións e despedímonos desfrutando coa :

                                        III FEIRA DE MOSTRAS

                           

                        

Correlingua!

O pasado venres 24 de maio, o alumnado do cole camiñamos, como celebración do Correlingua, ata o Parque dos Condes onde o grupo Mekánika Rolling Band foi o encargado de recibirnos e facernos bailar. Despois, fixemos pícnic ata que foi a hora de marchar.

Chegaron os Maios!

Esta semana pasada celebramos os Maios por todo ó alto! O mércores 8 de maio algúns pequenos/as achegáronse á Praza de España para interpretar con voz e instrumentos unha copla que cautivou a todo o púbico. O vernres tocou festexar no colexio xunto cos compañeiros do CEE Infanta Elena.

Se queres ver o vídeo resumo da festa dos Maios, mira a continuación:

                     

Visita ao Ecomuseo de Arxeriz

A verdade, a excursión ao Ecomuseo de Arxeriz foi toda unha experiencia. Nel, esperábannos unhas auténticas profesionais que fixeron que a nosa visita fose realmente interesante!! 

 

Horto Escolar.3º e 4º de E.Primaria.

Moito traballaron os nosos nenos e nenas de 3º e 4º de E.Primaria no horto !

4º de E.Primaria repuxo fresas, do proxecto do ano pasado e 3º de E.Primaria plantou aromáticas de 2 tipos : alfabegas comestibles e alfabegas contra os mosquitos,  do proxecto deste curso. E todo coa axuda da profe Sara, a nosa coordinadora do Proxecto Voz Natura.Para ver o vídeo resumo desta actividade, picade na seguinte ligazón :