Enlace para anotarse: https://forms.gle/gjG8XUPCdwULhtMEA
Como cada ano, dende a ANPA organizamos unha comparsa para participar no desfile do martes de entroido.
Todas as familias socias*, profes e persoal do centro poden participar.
*Se aínda non es familia socia, non te preocupes, estás a tempo! Só tes que rexistrarte na nosa web e pagar a cuota de 10€/ano.
Enviámosvos formulario de inscrición!
>> DATA LÍMITE PARA INSCRIBIRSE: domingo 7 de xaneiro
Se tes calquera dúbida podes escribirnos por Whatsapp: 685764599
CARNAVAL 23-24
Cómo cada año, desde la ANPA organizamos una comparsa para participar en el desfile del martes de carnaval.
Todas las familias socias*, profes y personal del centro pueden participar.
*Si aún no eres familia socia, no te preocupes, estás a tiempo! Solo tienes que registrarte en nuestra web y pagar la cuota de 10€/año.
INVITACIÓN Ó ENCONTRO EXPO-MAPEO
"Atallar as desigualdades"
Como xa saberedes, a ANPA en colaboración con Outonía S.Coop., está desenvolvendo o programa ``Atallar as desigualdades´´. Unha proposta de formación en igualdade e coeducación baseada na práctica e na participación de toda a comunidade educativa.
O programa contou con varias liñas de actuación (como os obradoiros para o alumnado e as familias) e unha delas consiste nunha intervención sociocomunitaria, onde se propón un ENCONTRO, aberto a todo o público, para dar visibilidade ás accións levadas a cabo no centro e realizar un MAPEO COLABORATIVO de Monforte.
A través do mapeo abordaremos o espazo que habitamos dende un punto de vista crítico e con perspectiva de xénero. Atenderemos á cuestión da invisibilización das mulleres e as disidencias de xénero como un dos puntos do iceberg das violencias, como unha forma sutil de violencia invisible.