Por fin temos unha nova edición da nosa revista Gandariña, creada por tódolos nenos e nenas do cole, onde comparten con toda a comunidade educativa, como foi o seu curso.
Agardamos que gocedes moito ollando a mesma. Bo verán a todos/as!!
GANDARIÑA 23-24 de Tania
Preciosos murais feitos polo noso alumnado e coas fotos de todos e todas adornan estes días o colexio. Os dous son conmemorativos do DÍA DA MULLER.
Presentámosvos un resumo dos comics de nadal que fixeron os nosos pequechos e pequechas. Premede na imaxe para poder velo!!
O alumnado de educación infantil e primaria do noso cole saben moito do medievo. E non pensedes que o fan daquela maneira, pois saben falar con propiedade.... Dígocho eu!
A comunidade educativa do CEIP A GÁNDARA, con moito agarimo, quere transmitir os seus mellores desexos para estas festasl dun xeito especial. Ollade a postal a través da imaxe e premede nas bólas da árbore para gozar das orixinais felicitacións.
Agardamos que vos gusten. BO NADAL E FELIZ ANINOVO!