HORARIO

Somos un centro educativo con xornada partida.

Desde OUTUBRO a MAIO, entramos ás 10:05 horas, saímos ás 14:00 horas, temos unha hora para comer e, logo, temos unha última sesión de tarde que inclúe o tempo de ler desde as 15:00 ás 16:05 horas.

Durante os meses de SETEMBRO e de XUÑO temos xornada continuada, entrando ás 8:55 horas e saíndo ás 13:15 horas. O servizo de comedor prolóngase ata as 14:00 horas.

O persoal de garda abre as portas do CEIP Plurilingüe 10 minutos antes para a entrada do alumnado, é dicir, ás 8:45 horas nos meses de setembro e de xuño, ou ás 9:55 horas desde outubro a maio.

Aquelas familias que desexen que os seus fillos ou fillas entren antes desa hora deberán facer uso do PLAN MADRUGA ofertado pola Asociación de Nais e Pais do Alumnado. Este servizo pode empregarse por días soltos ou por mes completo. Contáctese coa ANPA por whatsapp ao 670758749

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL