Saída ao contacontos de 3º

Xa estamos de volta das vacacións e comezamos por todo o alto. 

Hoxe, o alumnado de 3⁰ de Educación Primaria, acudiu á Casa da Cultura para gozar dun divertido contacontos, actividade promovida pola biblioteca municipal a través do programa "Ler conta moito".

Alí, da man de Barafunda teatro, gozamos da obra "Pepiña Maruxiña quere voar" onde tódolos nenos e nenas non pararon de rir.