Xoves de Comadres.

Un ano máis o noso cole participou no Concurso de Comadres que organiza o Concello de Monforte de Lemos e aínda que por mor da climatoloxía se cancelou o acto da Praza de España, aquí están os resultados : 

- Accésit para as comadriñas " As raíñas da Gándara " na categoría Barrios Colectivo.

- Accésit para a comadre " Inés de Castro. Raíña despois de morta " na categoría Centros de Ensino Individual.

Aquí deixamos unha fotos do día e un vídeo moi simpático titulado " O camarote das Gandariñas ".