De visita en Quiroga

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fixeron un percorrido por Quiroga para coñecer máis sobre a súa historia e etnografía.

Primeiro, paramos a merendar neste marabilloso miradoiro de San Clodio, dende o cal puidemos observar as montañas do Courel.

Logo visitamos o museo xeolóxico de Quiroga, onde puidemos coñecer máis sobre os animais que habitaron a Terra hai moitos, moitos anos. Incluso tivemos a sorte de coñecer a Elba, unha muller prehistórica que habitou no Courel hai moitos anos, e cuxos restos foron atopados alí.

A segunda visita, ao museo etnográfico, permitiunos aprender moito sobre a historia de Quiroga e os oficios que existían antigamente. Ata puidemos ver como eran antes as escolas!

Despois de tanto aprender, paramos a xantar nun parque para coller forzas e voltar á escola. Foi un día estupendo!