CHARLA SOBRE OS PERIGOS DA INTERNET

O pasado luns un axente da Policía Nacional de Monforte visitou aos alumnos de 6º de E.Primaria e grazas ás súas explicacións decatámonos de moitos dos perigos aos que estamos expostos se facemos un uso indebido das redes sociais e que non coñeciamos. Seguro que despois desta información faremos un uso máis responsable delas.