PAZ 2022: CARREIRA SOLIDARIA

CARREIRA  SOLIDARIA: 2º CICLO DE INFANTIL

 

CARREIRA  SOLIDARIA:  1º, 2º E 3º PRIMARIA

 

 

CARREIRA  SOLIDARIA:  4º, 5º E 6º PRIMARIA

 Co gallo da conmemoración do DÍA DA PAZ, esta semana  o  profesorado de EDUCACIÓN FÍSICA e PSICOMOTRICIDADE preparou todo o necesario para realizar unha CARREIRA SOLIDARIA: informaron á Comunidade Educativa en reunións, avisos por ABALAR e animaron ao alumnado a facer carteis informando da carreira, fixeron dorsais para cada participante e grazas á colaboración das familias recolectouse gran número de kilos de alimentos non perecedeiros que se donarán a PRODEME (asociación sen ánimo de lucro sita en Monforte de Lemos que apoia ás persoas con discapacidade intelectual).

Pero, as imaxes falan por si mesmas. Estes 3 vídeos, un por cada día, reflicten como vivimos estas carreiras solidarias no cole:  O mércores, 2 de febreiro, correu o alumnado de INFANTIL, o xoves tocoulle ao de 1º, 2º e 3º de PRIMARIA e, por último, o venres correron os maiores, 4º, 5º e 6º de PRIMARIA. Claro que, os demais non pudemos resistirnos a deixar de correr e...

seguirmos, seguimos e SEGUIMOS  CORRENDO  POLA  PAZ!!!!