Reserva praza centro de adscrición

Estimadas familias:

Desde hoxe mesmo, día 11 de xaneiro, e ata o día 8 de febreiro, as familias do alumnado de 6º de Educación Primaria podedes solicitar RESERVA DE PRAZA no IES RÍO CABE, instituto ao que está adscrito o noso centro.

Pódese cumprimentar a solicitude de xeito manual ou a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, seguindo o menú: Solicitudes> Reserva> Crear.

Esta solicitude deberase presentar no CENTRO EDUCATIVO DE ORIXE (no noso) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferida de presentación.

Aquelas familias que prefirades cubrir a solicitude en papel, poñédevos en contacto con nós, no teléfono ou ABALAR, e enviámosvos o formulario a través do alumnado.

Tamén podedes descargalo no arquivo adxunto.

Calquera dúbida sobre o proceso será resolta no noso centro.

AdxuntoTamaño
ED550A-G.pdf1.33 MB