Habilidades de Loita no CEIP A GANDARA. Artes Marciais

O pasado Martes 1 de Abril realizamos no CEIP A Gándara unha serie de sesións lúdicas de habilidades de loita.

Pola mañá, os alumnos de 6º de Primaria recibiron a visita de Jose Mª Vega Sánchez, do ximnasio NEKA de Monforte de Lemos, que impartiu unha sesión de Taekwondo. Os alumnos/as coñeceron a historia deste deporte e se iniciaron nas habilidades propias do mesmo, especialmente na técnica de patada. Tamén presenciaron a exhibición do seu compañeiro Carlos Fernández, quen leva anos practicando esta modalidade deportiva.


Xa pola tarde, os alumnos de 3º de Primaria recibiron a visita de dous entrenadores do Ximnasio Senra de Lugo, que impartiron unha sesión de Judo. Realizaron diversos xogos de oposición no chan, e coñeceron as principais técnicas de inmovilización no chan e de desequilibrio de pé.