CEIP Plurilingüe A Gándara

Habilidades de Loita no CEIP A GANDARA. Artes Marciais

O pasado Martes 1 de Abril realizamos no CEIP A Gándara unha serie de sesións lúdicas de habilidades de loita.

Pola mañá, os alumnos de 6º de Primaria recibiron a visita de Jose Mª Vega Sánchez, do ximnasio NEKA de Monforte de Lemos, que impartiu unha sesión de Taekwondo. Os alumnos/as coñeceron a historia deste deporte e se iniciaron nas habilidades propias do mesmo, especialmente na técnica de patada. Tamén presenciaron a exhibición do seu compañeiro Carlos Fernández, quen leva anos practicando esta modalidade deportiva.


Xa pola tarde, os alumnos de 3º de Primaria recibiron a visita de dous entrenadores do Ximnasio Senra de Lugo, que impartiron unha sesión de Judo. Realizaron diversos xogos de oposición no chan, e coñeceron as principais técnicas de inmovilización no chan e de desequilibrio de pé.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ORDEN de 17 de marzo de 2014 por la que se regula la oferta de plazas juveniles dentro del programa Campaña de verano-2014 y se procede a su convocatoria.

Fai clic no enlace para ver a convocatoria no DOG:

ORDEN de 17 de marzo de 2014 por la que se regula la oferta de plazas juveniles dentro del programa Campaña de verano-2014 y se procede a su convocatoria.

 

 

O Entroido na Gándara

8 de Marzo - Día Internacional da Muller - Homenaxes ás nosas cociñeiras

O pasado venres, e para conmemorar o Día Internacional da Muller, celebramos na nosa biblioteca unha charla na que as nosas cociñeiras Berta, Luisa, e Manola poideron explicarlle aos nenos/as da Gándara todos os secretos do seu traballo.

Previamente proxectouse un vídeo no que os nosos rapaces/as demostraron canto saben de cociña.

 

 

Preme aquí para ver a noticia na prensa

Día de Rosalía

Este ano o día de Rosalía de Castro adicámolo á divulgación do  libro-disco da cantante  Uxía Senlle "Rosalía pequeniña" da Editorial Galaxia (colecc