CEIP Plurilingüe A Gándara

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

LISTAS DEFINITIVAS DAS SOLICITUDES DE AMISIÓN PARA O CURSO 2016/2017: Todas as solicitudes presentadas obtiveran praza.

 

 

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, publícanse os formularios de solicitudes para o curso 2016/17, en galego e castelán.

 

Prazo de presentación da solicitude de admisión:  O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos os dous inclusive (este ano do 19 ao 28 de marzo vacacións de Semana Santa e 29 festa local, polo que o prazo rematará o 30 de marzo).

Pulse aquí para acceder á documentación -->http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048

 
 
 
 
 
Distribución de prazas vacantes por niveis para o curso 2016-2017
  
NIVEL Nº PRAZAS
4º de Infantil - 3 anos  22 + 3 nee                 
5º de Infantil - 4 anos 5
6º de Infantil - 5 anos 3
1º de Primaria 2 + (0 nee)
2º de Primaria 2
3º de Primaria 4
4º de Primaria 18
5º de Primaria 24
6º de Primaria 21

Os rapaces e rapazas premiados no certame de Poesía de Nadal recibiron os seus agasallos

A concelleira de Educación e Cultura, Pilar López, entregou na Biblioteca Pública Municipal os premios ós/ás gañadores/as do certame de Poesía de Nadal.

 

Pilar López agradeceu a participación neste certame de máis dun cento de rapaces e rapazas, así como a colaboración dos colexios da cidade para levalo a cabo. A concelleira felicitou a tódolos/as participantes, especialmente ós/ás gañadores/as a nivel local, e desexoulles sorte no certame provincial.

 

Os gañadores/as das diferentes categorías foron os/as seguintes:

 

 CATEGORÍA A, ata 8 anos

1º premio, Álvaro Buitrón Amaro, CEIP A Gándara       

2º premio, Heidi de León Brito, CEIP A Gándara

3º premio, Lucía Rivada Rodríguez, CEIP A Gándara

 

CATEGORÍA B, 9,10 e 11anos

1º premio, Tomás Rodríguez Castro, colexio Ferroviario

2º premio, Saúl Fajardo Iglesias, CEIP Monforte

3º premio, Isis  Ouro Sánchez, CEIP A Gándara   

 

CATEGORÍA C, de 12 a 15 anos

1º premio, Lucía Amaro Losada, IES A Pinguela

2º premio, Tamara Oviedo Fernández, colexio Ferroviario

3º premio, Thalía de Sousa González, CEIP A Gándara 

 

Dende o Concello agradécese a participación dos rapaces e rapazas neste certame e felicítase ós/ás gañadores/as.

 

Fonte: http://www.monfortedelemos.es/noticias.asp?sec=5&id=4119

Proxecto Xornada Única

Tal e como establece a Orde do 29 de Maio de 2008, pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta, os centros educativos organizarán unha fase de información sobre o mencionado plan cun mes de antelación á celebración das votacións do sector de pais, nais ou titores legais.

 

Poden consultar o proxecto facendo clic no seguinte enlace. 

Tamén poden consultar o tríptico informativo clicando no seguinte enlace.

 

A VOTACIÓN DO SECTOR DE NAIS E PAIS SERÁ O MÉRCORES 25 DE FEBREIRO.

 

Poden comprobar os seus datos do censo a partir de hoxe, mércores 28 de xaneiro, expostos no taboleiro de anuncios.

 

Debido á importancia da súa participación, rogámoslles que acudan tanto á charla informativa como á votación que se celebrará o mércores 25 de febreiro.

 

Haberá varias reunións informativas:

  • Educación Infantil: Xoves 19 de febreiro
  • 1º Ciclo de Primaria: Xoves 19 de febreiro
  • 2º Ciclo de Primaria: Xoves 12 de febreiro
  • 3º Ciclo de Primaria: Xoves 12 de febreiro

 

 

 

Estas reunións celebraranse na biblioteca do noso centro ás 17:00 horas. Se non pode vir a reunión correspondente ao grupo do seu fillo/a pero pode acudir a alguna das outras, pedímoslle que o faga para que ningún pai/nai/titor quede sen información.

 

Tamén poden acudir ao centro calquer outro día en horario de atención a pais/nais para solicitar información.

 

Se teñen algunha dúbida poden achegarse ao noso centro para solucionala ou ben chamar ao teléfono 982 400 158

Canción para o Día da Paz - Eu teño alguén (María FumaÇa)

Festa HQR! en Pontevedra

 

Podes ver algúns vídeos dese día facendo clic no seguinte enlace

https://www.youtube.com/playlist?list=PLbSA9ycGEHIgvEgXL-emMzGw7H_xc9I4m

 

Ou podes ver máis fotos en tamaño grande no noso blog do deporte

www.gandaradeportes.blogspot.com