Unha vez máis o noso cole participou na Festa dos Maios organizada polo Concello de Monforte.
Este ano o maio foi a representación dun ourizo elaborado con todas as variedades de flores que aportou o alumnado baixo o lema :
"A Gándara a súa horta terá e eu serei quen a coidará ".
Moitas grazas ás familias pola colaboración.
O pasado mércores 29 de marzo, os nenos e nenas de 6º de E.Infantil foron de visita ao supermercado Familia. Alí ensináronlles o funcionamento do súper e as súas seccións.
Na peixería puideron ver a diversidade de peixes e así consolidar un pouco máis o seu :
Proxecto do Mar
Aquí vos deixamos os vídeos de dúas actividades realizadas polo alumnado de 5º de E.Infantil.
Un obradoiro de Pascua : lectura do libro, ovo de pascua e búsqueda de ovos de chocolate. Moitas grazas á mamá de Xoel por acompañarnos.
Para ver o vídeo picade na seguinte ligazón : https://youtu.be/hC1_vl5vbXQ
Un obradoiro do galo de Barcelos, dentro do Proxecto do mundo :