O pasado mércores día 24 , DÍA DA EDUCACIÓN , tivemos unha visita moi especial . Viñeron a vernos Sarita Fernández ( mestra e directora da Gándara ) e tres dos seus alumnos : Sandra Moreiras, Daniel Noguerol e Iván Pérez.
Foi unha mañá emotiva e moi interesante na que nos contaron unha morea de cousas do seu paso ( hai anos xa ) polo noso cole. Moitas grazas aos catro !
Para ver o resumo desta sesión, picade na seguinte ligazón :
O alumnado de 5ºA e 5ºB de E.Primaria participou en dúas sesións sobre DROGODEPENDENCIA os pasados 09 e 16 de xaneiro.
Estas charlas foron impartidas por Dª Luísa Astray, Educadora Social da Unidade Asistencial de Drogodependencia ( UAD ) do concello de Monforte de Lemos e estiveron baseadas fundamentalmente no tabaquismo e na súa prevención.
Para ver o vídeo resumo , picade na seguinte ligazón :
O alumnado de 4º, 5º e 6º de E.Primaria participou hoxe nunha actividade enmarcada dentro do Plan Director do Proxecto Voz Natura.
A charla foi impartida polo garda civil D.Roberto Pérez e polo sarxento D.Hipólito Garrido pertencentes ao SEPRONA da provincia de Lugo.
O alumnado aprendeu moitas das funcións da garda civil, en concreto as relacionadas con SEPRONA e todo o relacionado coa prevención de incendios, coidado da flora e da fauna, vixiancia dos recursos hídricos e montes, etc.
Hoxe, o 3 de decembro, é o DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
Para celebrar esta conmemoración as nenas e os nenos que estudan na Gándara fixeron autorretratos que se colocaron dentro dunha figura humana que colga no centro do patio interior do colexio porque desexamos convivir...
TODAS DENTRO, TODOS DENTRO E NINGUNHA PERSOA FÓRA.