Curso 2014 - 2015

Información sobre a avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS

Diante da confusión xerada pola aparición, nos últimos días, de informacións erróneas a respecto da proba de 3º de Primaria que terá lugar os días 27 e 28 deste mes, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere facer as seguintes precisións:

- En primeiro lugar transmitir unha mensaxe de tranquilidade sobre a avaliación, xa que é moi semellante á que se lle viña aplicando ao alumnado de 4º de Primaria nos últimos cinco anos. Agora faise un curso antes, o que permite anticiparnos un ano na detección de posibles dificultades no proceso de aprendizaxe e de ensino e, deste xeito, poder corrixilas. A maiores, as familias van coñecer os resultados obtidos polos seus nenos e nenas nas competencias de comunicación lingüística e matemática, información da que non dispoñían ata o de agora.

- Ao contrario do que se está difundindo estes días, non se trata de ningunha reválida que o alumno/a teña que superar, senón que é unha proba individualizada de carácter estritamente informativo e orientador. É dicir, os resultados obtidos non repercutirán no expediente académico do alumno/a.

- É igualmente falso que os resultados se vaian empregar para facer clasificacións de alumnos ou para establecer rankings de centros.

- Tampouco é unha avaliación externa, xa que a administración educativa tan só proporciona os materiais, e son os propios profesores dos centros os encargados de aplicala e corrixila.

- As familias deben saber, igualmente, que as probas están adaptadas á idade dos nenos e nenas que as van realizar, e ao currículo de 3º de Primaria, que é o que están cursando. No caso do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, os centros son os encargados de establecer as medidas máis axeitadas para que as condicións de realización da avaliación se adapten ás súas necesidades.

- En definitiva, esta proba é moi semellante a outras actividades de avaliación que se realizan de xeito habitual durante o curso. Polo tanto, debe entenderse como unha ferramenta metodolóxica máis, que axuda aos centros educativos e ás familias a ter información adicional sobre a evolución do alumno/a. Información que non inflúe no seu expediente académico, pero que permite, no caso de detectarse algunha carencia, actuar de xeito personalizado e específico para solucionala. - Esta avaliación require da colaboración de todos os membros da comunidade educativa, a quen desde aquí animamos e agradecemos o seu esforzo e reiteramos a importancia de contar coa participación do alumnado. 

 

 

Vídeo explicativo: Marco Xeral da avaliación de 3º curso de Educación Primaria

 

 

Deixamos a continuación unha serie de documentos relacionados coa avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria: 

 

Resumo informativo

Modelo de proba de competencia matemática

Modelo de proba de competencia matemática II

Modelo de proba de competencia lingüística 

Audio I

Audio II

Materiais interactivos

Reunión informativa avaliación individualizada 3º de Primaria

Estimadas familias:

 

Os días 27 e 28 de Maio realizarase a avaliación individualizada para o alumnado de 3º curso de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Esta avaliación ten como finalidade comprobar o grao de dominio de destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

 

ESTA AVALIACIÓN TEN CARÁCTER INFORMATIVO E ORIENTADOR. Completa a información que reciben os alumnos, as familias e os centros e orienta as decisións na elaboración de plans de mellora.

 

En relación a esta proba, dende o CEIP A Gándara convocamos a todas as nais/pais do alumnado de 3º curso de educación primaria, a unha reunión informativa que terá lugar o luns 18 de maio no noso centro ás 17:00.

 

 

Un saúdo

A Gándara, campeón provincial de voleibol

Fai clic na foto para ver a páxina da Voz de Galicia

MENÚ MAIO

PARA VER O MENÚ CLICA

Despedimos a Brais, Antía e Uxía