Curso 2022- 2023

Visita ao IES A Pinguela. 1º ciclo de E.Primaria

O pasado venres día 02 os nenos e nenas de 1º e 2º de E.Primaria visitaron o IES A Pinguela.

Os dous cursos desfrutaron do Planetario e os de 2º ademais estiveron na Estación Meteorolóxica. 

PANADERÍA MOURE. Visita do alumnado de 3 anos

     O mércores, 30 de novembro de 2022, as nenas e os nenos de 4º de infantil  (3 anos) saíron do colexio a visitar a panadería MOURE. Foi a súa primeira saída en autobús, as súas caras falan por si soas. Mirádeas e así comprobaredes o que fixeron no vídeo que aparece a continuación:

 

O noso cole en contra da VIOLENCIA DE XÉNERO.

No noso cole sempre loitamos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO.

Queredes ver como escoitamos hoxe  a lectura da Proclama e respectamos o Minuto de silencio ?

Picade na seguinte ligazón : https://youtu.be/aQditufzQ1U

Peúgo o calcetín melenudo

O alumnado de 2º B remendou furados despois de ler e traballar co libro Peúgo o calcetín melenudo.

25 de Novembro. 3º Ciclo de E.Primaria.

O  alumnado de 6º de E.Primaria foi o encargado de representar ao noso centro  durante a lectura do Manifesto en contra da Violencia de Xénero que se fixo na Praza do Concello. Despois, alumnos/as de todos os centros educativos leron e depositaron mensaxes de repulsa nunha urna colocada á entrada da Casa Consistorial.

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL