Curso 2022- 2023

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

                         O pasado día 03 de decembro conmemoramos o: 

               DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. 

                    Os nenos e nenas do cole fixeron este mural tan bonito .

 

Simulacro exitoso!!

Estamos moi orgullosxs no centro porque os nosos pequechos e pequechas demostraron estar a altura das circunstancias facendo unha evacuación áxil e responsable.

Mirade ata veu o xornal!! Se premedes na imaxe accederedes á noticia completa con fotiños do momento.

Se temos unha emerxencia 1 1 2

Os nenos e nenas, do CEIP A Gándara, o saben ben: o 1 1 2 é o número de emerxencias!

Arricamos decembro coa visita de Pablo, un bombeiro moi especial. Que lles lembrou o que deben facer en caso dunha evacuación.

Aínda que o que máis lles gustou, seguro, foi poder probar o traxe e poder ser, un ratiño, como uns bombeiros e bombeiras!

Aquí tedes a proba:  

 

 

Obra: un mundo de color.

Música de https://www.fiftysounds.com/es/

INFONADAL CONSUMO

O venres, 2 de decembro, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto estivo moi atento a toda a información recibida, para que neste Nadal saiban ben que xogos e xoguetes pedir. Ademais de divertidos, que sexan seguros!

A continuación fixeron unha manualidade, tendo en conta todo o aprendido!

Imos ver como traballaron: 

 

 

Cestas terrorificamente SAUDABLES

Neste mes de outubro, o CEIP A Gándara, celebrou o Samaín cun concurso de cabazas! Todos e todas levaron un agasallo. Pero, as cabazas máis terroríficas, creativas e ecolóxicas recibiron, ademais, uns contos e unhas cestiñas de froitas e verduras moi ricas e saudables!

Aquí tedes un resumo: 

 

 

(canción de fondo de www.musicaporlaface.com)