Curso 2022- 2023

Obradoiro de minipizzas.

No noso cole temos uns cociñeiros e cociñeiras fantásticos ! Así o demostraron os nosos nenos e nenas de 5º de E.Infantil no obradoiro de minipizzas que fixeron coas súas profes e coa axuda da nai de Pepe dentro do proxecto no que están traballando sobre O mundo

                                             " Estamos en Italia "

Para ver o vídeo do ben que o fixeron picade na seguinte ligazón : 

BÚSCASE MASCOTA PARA A BIBLIOTECA!

Coller as rendas

Este luns, día 30, Yolanda Castaño visitou a biblioteca da nosa escola para compartir con nós un marabilloso contacontos. Nel falounos do seu libro, Coller as rendas, co que os pequenos puideron desfrutar de diferentes historias que tiñan como protagonistas diversos integrantes do reino animal.

Grazas, Yolanda! 

30 de xaneiro : Día da Paz e da Non Violencia

Para conmemorar do DÍA DA PAZ e DA NON VIOLENCIA, todo o alumnado do cole preparou un mural con material de reciclaxe e cantou a canción " Imaxina " acompañada ao piano polo profe Nelson. Poderedes ver o vídeo picando na seguinte ligazón : 

https://youtu.be/uhvNBn69C4k         

Plan de Convivencia

Plan de Convivencia