Hoxe, o 3 de decembro, é o DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
Para celebrar esta conmemoración as nenas e os nenos que estudan na Gándara fixeron autorretratos que se colocaron dentro dunha figura humana que colga no centro do patio interior do colexio porque desexamos convivir...
TODAS DENTRO, TODOS DENTRO E NINGUNHA PERSOA FÓRA.
Aproveitando a conmemoración do MES DA CIENCIA EN GALEGO realizáronse desde as distintas etapas educativas varios experimentos que espertaron a curiosidade, a observación, a manipulación e a experimentación dos nenos e das nenas.
INVITACIÓN Ó ENCONTRO EXPO-MAPEO
"Atallar as desigualdades"
Como xa saberedes, a ANPA en colaboración con Outonía S.Coop., está desenvolvendo o programa ``Atallar as desigualdades´´. Unha proposta de formación en igualdade e coeducación baseada na práctica e na participación de toda a comunidade educativa.
O programa contou con varias liñas de actuación (como os obradoiros para o alumnado e as familias) e unha delas consiste nunha intervención sociocomunitaria, onde se propón un ENCONTRO, aberto a todo o público, para dar visibilidade ás accións levadas a cabo no centro e realizar un MAPEO COLABORATIVO de Monforte.
A través do mapeo abordaremos o espazo que habitamos dende un punto de vista crítico e con perspectiva de xénero. Atenderemos á cuestión da invisibilización das mulleres e as disidencias de xénero como un dos puntos do iceberg das violencias, como unha forma sutil de violencia invisible.
Achégase o 25 de Novembro : Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller .
O alumnado de 6º de E.Primaria participou no obradoiro " Patriarcado Baneado ",actividade proposta polo CIM Monforte.
Impartiron esta sesión Sonia e Ester, de CAVAS GALICIA ( Centro de Atención a Vítimas de Agresión Sexual )
Para ver o vídeo resumo , picade na seguinte ligazón :