Os nenos e nenas de 5º de E.Infantil fixeron hoxe un obradoiro de galletas navideñas coa axuda das súas profes e de Elena, a nai de Pepe. Temos uns grandes artistas culinarios !
Podedes ver o vídeo picando na seguinte ligazón :
O pasado día 03 de decembro conmemoramos o:
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
Os nenos e nenas do cole fixeron este mural tan bonito .
O pasado venres día 02 os nenos e nenas de 1º e 2º de E.Primaria visitaron o IES A Pinguela.
Os dous cursos desfrutaron do Planetario e os de 2º ademais estiveron na Estación Meteorolóxica.
No noso cole sempre loitamos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO.
Queredes ver como escoitamos hoxe a lectura da Proclama e respectamos o Minuto de silencio ?
Picade na seguinte ligazón : https://youtu.be/aQditufzQ1U
O alumnado de 6º de E.Primaria foi o encargado de representar ao noso centro durante a lectura do Manifesto en contra da Violencia de Xénero que se fixo na Praza do Concello. Despois, alumnos/as de todos os centros educativos leron e depositaron mensaxes de repulsa nunha urna colocada á entrada da Casa Consistorial.