A profesora de Educación Artística (Música) quixo traballar,co alumnado de sexto curso, esta materia dun xeito diferente, integrando así todos os bloques que a forman e promovendo o interese e motivación do alumnado. Así podedes ver, a continuación, unha fermosa obra teatral co resultado.
De todo se pode aprender, asique o alumnado do centro preparou un meteoconto moi especial para falar das estacións e das súas particularidades.
O alumnado de Quinto Curso de Educación Primaria tamén quixo recopilar algúns dos nosos refráns populares para ampliar coñecementos sobre o tema.
Un ano máis contamos no centro con profesorado ARCO.
No seguinte vínculo podedes consultar toda a información sobre o programa: http://www.edu.xunta.gal/portal/arco