Educación Patrimonial

De compras por Monforte!

O alumnado da etapa de infantil visitou o mercado e algunhas tendas da cidade para coñecer a súa contorna e experimentar. Fixérono xenial e non podemos estar máis orgullosas.

 

Excursión a Quiroga de 5º de E.Primaria.

O alumnado de 5ºA e 5ºB de E.Primaria viaxou ata Quiroga para coñecer e visitar os Museos Xeolóxico e Etnográfico.

Poderedes ver o vídeo resumo desta saída picando na seguinte ligazón : 

                                https://youtu.be/3UjWMnYK090

Desfile de Entroido.

Desfile de Entroido no colexio. Este ano coa temática : "Monforte de Lemos medieval".

 

Xoves de Comadres.

Un ano máis o noso cole participou no Concurso de Comadres que organiza o Concello de Monforte de Lemos e aínda que por mor da climatoloxía se cancelou o acto da Praza de España, aquí están os resultados : 

- Accésit para as comadriñas " As raíñas da Gándara " na categoría Barrios Colectivo.

- Accésit para a comadre " Inés de Castro. Raíña despois de morta " na categoría Centros de Ensino Individual.

Aquí deixamos unha fotos do día e un vídeo moi simpático titulado " O camarote das Gandariñas ".

Ordes do Meco!