O alumnado da etapa de infantil visitou o mercado e algunhas tendas da cidade para coñecer a súa contorna e experimentar. Fixérono xenial e non podemos estar máis orgullosas.
O pasado 30 de xaneiro conmemoramos no cole o Día da Paz compartindo un ratiño xuntxs no patio da escola!!
A semana pasada, o terceiro ciclo asistimos ao IES Daviña Rey para ver unha obra de teatro en inglés. Participamos activamente e axudamos aos protagonistas a resolver o conflito!!
Presentámosvos un resumo dos comics de nadal que fixeron os nosos pequechos e pequechas. Premede na imaxe para poder velo!!