Secretaría, Libros de Texto, Comedor

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN ED. PRIMARIA

ORDE DO 25 DE AGOSTO DE 2015 POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN ED. PRIMARIA, ED. SECUNDARIA OBRIGATORIA OU ED. ESPECIAL EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ESCOLAR 2015/16 

 REQUISITOS:

     -      Pai/nai/titor legal do alumno.

-  Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

-      Ter renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. 

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

     -     Presentarase unha solicitude por cada alumno matriculado.

-      As solicitudes presentarasen en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-     O prazo de presentación será DUN MES a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. 

SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN: 

-      Os formularios poderán obterse na guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou poderase tamén descargar en formato PDF do portal educativo no enderezo electrónico http://www.xunta.es

-       Se a solicitude se presenta no centro docente, presentarase orixinal e copia da documentación requirida. En caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.

     -         A documentación é a seguinte:

1.  Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

2.  Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.

No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar.

3.   Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.

4.  No caso de discapacidade igual ou superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, incluído o alumno, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013:

               ·  Certificado emitido polo órgano competente.

·  Certificado emitido polo órgano competente.

·  Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de percepción de pensión de incapacidade permanente nos graos de total,absuluta ou grande invalidez, ou

·  Documentación acreditativa da condición de pensionista de clase pasiva cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

5.      No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa. 

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 ENMENDA DE SOLICITUDES: 

-    Para aquelas solicitudes que non estean correctamente cubertas ou acompañadas polos documentos preceptivos, o centro requirirá a persoa interesada para que, nun prazo de dez días, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente nos termos previstos na lei.

-     Ademais da notificación individualizada, publicarase no taboleiro de anuncios do centro educativo a relación de solicitudes pendentes de emendar con indicación das deficiencias ou documentación de que carecen.

-    Unha vez entregado o vale, se o solicitante detectar algún erro, disporá de dez días hábiles para emendar a solicitude e devolverá o vale recibido. 

ADQUISICIÓN DO MATERIAL ESCOLAR: 

-     Unha vez que a persoa solicitante estea en posesión do vale, poderá adquirir material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento.

-      As persoas beneficiarias do vale para a adquisición de material escolar poderán usalo no correspondente establecemento ata o día 31 de outubro de 2015 (este incluído).

-      Os vales non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento. 

O contido desta orde e a información complementaria exporase no portal educativo da consellería no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es

PLAN MADRUGA

A Federación de ANPAS "Arco da Vella" de Moaña, en colaboración co Concello de Moaña, ven de por en marcha para este curso 2015-2016 en tódolos Centros Educativos de Infantil e Primaria de Moaña o "Plan Madruga".

Este servizo, que xa esta en marcha en perído lectivo de setembro a xuño, terá un horario de 07:30 a 09:10 para os alumnos/as de Educación Infantil e Primaria matriculados neste centro e un custo de  28 euros mensuais para os fixos diarios e 3 euros para usuarios por día solto. O almorzo serviráse entre as 07:30 e os 30 minutos anteriores á hora de comezo do horario lectivo, polo que non se poderá facer uso deste servizo fóra deste horario.

Solicítase dende a Federación de ANPAS que todos aqueles potenciais usuarios deste servizo, sexan fixos ou posibles discontinuos, cubran a folla de inscrición a principio do curso que está a disposición dos interesados na dirección do centro.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ESTA ABERTO O PRAZO ATA O 30 DE SETEMBRO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS DE BECAS PARA ALUMNOS/AS CON NECESIDADES ESPECIAIS.

O ENLACE PARA MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDE É O SEGUINTE:

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ESTA ABERTO O PRAZO ATA O 29 DE SETEMBRO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS DE BECAS PARA NECESIDADES ESPECIAIS.

O ENLACE PARA MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDE É O SEGUINTE:

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha/050140-2016.html

 

Distribuir contido

Back to top