Biblioteca

Guía informativa

Nesta guía podedes atopar toda a información relativa á nosa Biblioteca, así como un plano para saber onde atopar os diferentes recursos e materiais que temos na escola.

 

 

ACTIVIDADES DÍA DAS ESCRITORAS 2022

Velaí compartimos algunhas das actividades que levamos a cabo para conmemorar o Día das Escritoras, a raíz das propostas elaboradas desde o Equipo de Biblioteca:

Investigación dalgunhas das autoras seleccionadas:

 

Investigación das autoras seleccionadas e recomendacións lectoras sobre algunhas das súas obras:

Manualidade "Árbores de papel", despois da lectura do libro "Sementes de papel":

Lecturas dalgunhas obras recomendadas:

 

Día das Escritoras 2022

Hoxe, 17 de outubro conmémorase o Día das Escritoras, e desda a Biblioteca da nosa escola, queremos facelas visibles a través dunha selección de textos escritos por mulleres, algunhas moi significativas para nós.

A maiores, desde o equipo de Biblioteca, propóñense algunas actividades para poder levar a cabo nas aulas durante esta semana:

As raíces que nos unen

Durante este curso 2022 - 2023 levaremos a cabo o Proxecto que leva por título "As raíces que nos unen", que ten por obxectivo principal coñecer a flora autóctona da nosa contorna, contribuíndo a revalorizala, coidala e protexela.

Compartimos o enlace do catálogo da nosa biblioteca, para que poidades consultar os nosos fondos:

https://ceipabelendo.edubib.xunta.gal/

E se queredes ver os fondos específicos sobre o noso proxecto, so tedredes que premer na lista que leva o título "As raíces que nos unen", ou no seguinte enlace:

https://ceipabelendo.edubib.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=215&sortfield=itemcallnumber

Esperamos desfrutar moito aprendendo sobre a nosa flora durante este curso, e esperamos que nos acompañedes nesta nova andaina.

 

Bo curso 2022 - 2023!!

Distribuir contido

Back to top