ENTROIDO CEIP ABELENDO 2019

O CEIP Abelendo comezou a celebración do Entroido este luns, 25 de febreiro, coas distintas ordes diarias da nosa mascota DINO, e como este ano estamos traballando o cine versaron sobre este tema. Hoxe, 1 marzo, saímos alumnos/as e familias polas rúas de Abelendo ata o adro da igrexa de San Martiño, amenizando con cancións e cun baile con distintos temas musicais de películas. Para rematar, comemos as postres de Entroido que fixeron as familias e os nenos/as para esta celebración.

Esperámovos a todos o próximo 9 de marzo no ENTERRO DA XOUBIÑA. Non faltedes!!!

 

 

 

 

 

 

Back to top