JAZZ NA ESCOLA

 

O xoves 21 de febreiro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria acudimos ao IES As Barxas para asistir a un concerto de Jazz en directo.

 

Alí atopámonos con nenos e nenas de outros coles de Moaña e cun grupo de catro músicos de Jazz que nos deleitaron coa súa música, ademais de explicarnos algunhas características propias deste estilo musical, respondendo a todas as nosas curiosidades.

 

Foi un concerto moi divertido!

 

Back to top