COPLAS MAIOS

Aquí vos deixamos as coplas que cantaremos o día 30 de Marzo diante do noso Maio para festexar este día.

COPLAS MAIOS

Este é o noso Maio

que chegou adiantado

pois comeza un día antes

do primeiro de Maio

 PARA FACER ESTA COPLA

TIVEMOS QUE XUNTAR

TODOS OS NENOS E NENAS

PARA PODELAS CANTAR

TODOS OS NENOS E NENAS

PARA PODELOS CANTAR

Aa nosas familias

mandaronnos moitas flores

para colocar no Maio

e enchelo de mil cores

PARA FACER ESTA COPLA...

O chegar esta estación

fanse Maios a mans cheas

e podedes ir a velos

a Marín e Pontevedra

 PARA FACER ESTA COPLA...

Xa chegou o fin

da nosa actuación

voltaremos en dous anos

coa mesma ilusión

 

Back to top