Enquisa valoración curso

Queridas familias!

A continuación compartimos o enlace para que poidades avaliar a marcha do curso este ano. Teredes que iniciar sesión para respostalos e só da a opción dunha resposta por conta. Agradecemos que adiquedes un par de minutos a cubrila, xa que, sen dúbida, nos axudará a mellorar. Para facelo, precisamos que expliquedes, nos apartados que consideredes que temos que mellorar, cales son as vosas propostas de mellora, xa que isto nos axudará moito.

Aquí vai o enlace. É totalmente anónimo

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeXHv61ys1Xk90QyCYVq1M1qAmMA7lZOY68kYmcWcXJFcgo6A/viewform?usp=sf_link

 

E aquí vai unha enquisa para o alumnado. Tamén é importante para nós que a cubran. Pode ser coa vosa axuda. Son dous minutiños. Aquí tedes o enlace

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd5YnLbU3G3n7w2eKy6DffUmM6c81KVTHpdzp371O--OWLlVg/viewform?usp=sf_link

 

Moitas grazas polo voso tempo.

Aproveitamos tamén para dárvolas grazas pola comprensión e paciencia este ano, polo voso respecto e tolerancia.

Desexámosvos un fantástico verán cheo de actividades e momentos fermosos en familia. E lembrade que voltamos ao cole o día 8 de setembro.

 

Apertas para todas!!

Back to top