IdeasTIC

Configuracion WIFI edu.xunta.gal

Para a configuración da WIFI edu.xunta.ga nos dispositivos do centro seguir as instrucións do manual axunto.

Lembrade que en IOS é necesario descargar un arquivo de perfil https://i.gal/wifiios

Asesoramento tecnolóxico para as familias dende o CEMIT de Boiro

ASESORAMENTO TECNOLÓXICO DENDE O CEMIT DE BOIRO

  

 

Dende o CEMIT infórmannos que calquera usuario que necesite de asesoramento tecnolóxico (configuración dun dispositivo, dúbidas tecnolóxicas...) poden obter este asesoramento dende o CEMIT, sempre con cita previa. Ver cartaz de arriba.

Ademais, dende o Consello Escolar Municipal e dende o CEMIT informámoslles que estamos preparando un itinerario formativo, para inicios do vindeiro ano, para as familias no que poderán acceder a:

  Nivel 1: Uso básico do dispositivo (PC, Móvil ou Tablet) e de plataformas de comunicación: videoconverencias, Abalar móvil...

  Nivel 2: Coñecementos básicos de Aula Virtual e edixgal para poder guiar/supervisar o traballo dos fillos e fillas.

  Nivel 3: Solicitude e uso de certificados dixitais (ou dnie, chave 365...) e realización de trámites administrativos básicos online.

Para este itinerario, que poderá dispoñer de certa flexibilidade a adaptabilidade a diversos tipos de xornada de traballo, recibirán cumprida información cando esté a súa preparación finalizada.

Instalar e reconfigurar AbalarMóbil

AbalarMóbil

Instalar e reconfigurar AbalarMóbil

 

¿Como acceder a unha videoconferencia con Falemos?

Falemos

¿Como acceder a unha videoconferencia con Falemos?

 

¿Como empregar a aplicación de Moodle para móvil e tablet?

Moodle App

¿Como empregar a aplicación de Moodle para móvil e tablet?

 

¿Como conectarse a unha videoconferencia con Webex?

Videoconferencia Webex

¿Como conectarse a unha videoconferencia con Webex?

 

¿Como entrar na Aula Virtual do cole?

Aula Virtual do colexio

¿Como entrar na Aula Virtual do Cole?

Para poder entrar na Aula Virtual do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro dende a casa podedes seguir as instrucción que aparecen no seguinte vídeo:

Presentación de documentos firmados dixitalmente

Presentación de documentos asinados dixitalmente

Este tipo de documentos son perfectamente válidos e non é necesario ir en persoa ao centro, polo que é cómodo por se non se pode ter dispoñibilidade nas horas de oficina de secretaría. Necesitaremos DNIe ou cetificado dixital.

¿Como activar e empregar o DNIe?

Trámites en liña

Activar e empregar o DNIe

Dende fai uns anos todos os DNI que temos son DNIe (DNI electrónicos). Isto significa que podemos empregalos para a realización de trámites en liña, como: Sede Electrónica da Xunta, Sede Electrónica do Concello de Boiro, Sede Electróncia do Ministerio, Sede de Seguridade Social, Trámites na DXT...

¿Que é o sistema Notifica.gal da Xunta de Galicia?

Trámites en liña

O sitema Notifica.gal

O sistema Notifica.gal é unha plataforma de mensaxería/notificación que nos mantén informado de todos os procedementos que teñamos abertos.

Unha vez que solicitamos a alta, o sistema mandaranos un correo electrónico cando se abra un procedemento contra nós ou un no que estemos involucrados (entendemos procedemento como un expediente dun proceso: solicitudes presentadas ante a Xunta que deban ser resoltas, expropiacións...) O sistema encárgase de manternos informados.

Teño moi mala cobertura de internet

Internet Rural

Teño moi mala cobertura de internet...

...e as empresas grandes de telefonía (Movistar, Vodafone, Orange e R) non ofrecen servizos na miña zona e, como non teño fibra, tampouco pode acceder a outras ofertas de compañías low cost como Pepephone, Masmóvil... ¿Teño que quedarme aislado?

¿Como facer un trámite por Sede Electrónica da Xunta de Galicia?

Trámites en liña

Realización dun trámite a través de Sede Electrónica

A Chave365 é un usuario e un contrasinal que podemos solicitar por exemplo no Centro Médico de Boiro pervia demostración da nosa persoa (presentando o DNI) e que nos permite a realización de trámites a través perante a Xunta de Galicia (solicitudes de calquera natureza, presentar a solicitude de Fondo de Libros, solicitar axudas de comedor...) de maneria sinxela e rápida e sen saír da casa.

Pago de taxas de comedor de xeito telemático

Tramites en liña

Pago de taxas de comedor de xeito telemático.

A continuación poñemos un videotitorial que explica como realizar o pago de taxas de comedor de xeito telemático para cando se reinicie a actividade lectiva presencial.

Configuración do Correo da Xunta no teléfono móvil

Correo móvil

Para a configuración do Correo da Xunta no teléfono móvil (só para usuarios que teñan conta de correo oficial da Xunta):

Configuración de correo entrante:

Usuario: "usuario da xunta SEN @edu.xunta.gal"

Contrasinal: "o contrasinal que teña asignado"

Servidor: imap.edu.xunta.gal

Porto: 993

Seguridade: SSL/TLS (aceptando todos os certificados)

¿Tés problemas para enviar vídeos por correo electrónico?

Enviar vídeos por correo electróncio non é tan sinxelo como en principio pensamos.

Todos os clientes de correo (Gmail, Outlook, Yahoo...) teñen limitacións á hora de enviar arquivos axuntos polo que enviar un vídeo de 1 minuto feito cun móvil actual que pode chegar a pesar 100MB non sería posible.

Para isto o que temos que facer é "compartir" ese vídeo unha vez que o temos subido nunha plataforma.

Hai dous xeitos bastante sinxelos (sempre que teñamos boas conexións):

1. A través de Google Drive.

Distribuir contido