¿Como facer unha videoconferencia en grupo?

Para facer unha videoconferencia en grupo existen moitos programas pero tedes á vosa disposición un moi sinxelo: Jitsi Meet

Hai dúas formas de empregala:

1 DENDE O MÓVIL

  • Hai que descargar a aplicación dende o PlayStore ou AppStore .
  • Unha vez instalado, abrides a aplicación e indicades o "Nome da sala" (por exemplo, "clasedemanuel"); e aceptades os permisos de uso de cámara e micrófono.
  • Quedades a unha hora e avisades aos outros falantes do "Nome da sala" (neste caso era "clasedemanuel"). Todos deben entrar co mesmo nome e sobre a mesma hora.
  • Estas salas poden estar cifradas con contrasinal.

2 DENDE O ORDENADOR (tendo webcam e micrófono, un portátil por exemplo)

  • Hai que ir á dirección: https://meet.jit.si/.
  • Unha vez instalado, abrides a aplicación e indicades o "Nome da sala" (por exemplo, "clasedemanuel"); e aceptades os permisos de uso de cámara e micrófono.
  • Quedades a unha hora e avisades aos outros falantes do "Nome da sala" (neste caso era "clasedemanuel"). Todos deben entrar co mesmo nome e á mesma hora.
  • Estas salas poden estar cifradas con contrasinal.

¡Probádeo, é moi sixelo!