Exercicios tema 8 mates

Bos días!

Que tal estades? Seguro que ben.

Para organizar mellor o traballo vouvos ir deixando algunhas actividades das materias que teriamos cada día. Imos cun día de retraso porque precisamos tempo para poñer a andar esta forma de traballo e a todos nos pillou desprevenidos.

Hoxe traballaremos polo tanto lingua, lengua, sociais e mates, que sería o que teriamos feito onte na clase.

Comezamos por mates...

Recordades que o venres teriamos o exame do tema 8, non? Pois deixovos un modelo de exame e propóñovos que o fagades como se fose un exame real, vale? Tratade de facelo o mellor posible, REPASADE e non preguntedes ou miredes no libro ata que xa acabarades todas as opcións.

AdxuntoTamaño
REPASO TEMA 8.pdf153.81 KB