O NOSO HORTO

O mércores, día 5 de decembro, tivemos unha actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto.

Comezamos a construir, como nos dixo Carmen (a inxeñeira agrónoma) "unha pequena casa":

  • Os rapaces de 3º e 4º, despois da charla sobre os abonos, prepararon os "cimentos" collendo follas xunto co carbón para abonar a terra, e logo poder plantar guisantes e alfalfa.
  • Seguidamente, o alumnado de 5º e 6º plantaron chícharos, cebolas, raíces, ..., iso sí!, despois da lección sobre as plantas e os aparellos específicos de labranza.  
  • Logo dun descansiño, voltamos ao horto cos nenos de infantil, que con moito amor plantaron semilleiros de tomates e physalis que despois levaron para a súa aula e alí coidalos.
  • E para rematar a xornada, tocoulle aos rapaces e rapazas de 1º e 2º, que escoitaron atentamente as explicacións de Carmen, e fixeron un pequeno invernadoiro plantando semilleiros de tomates e physalis ao igual que o alumnado de infantil.

Así foron dividindo a casiña en pequenas parceliñas que coidaremos entre todos, con todo o cariño para que "a casiña" dea os seus froitos. Disfrutamos moito do día e fomos uns felices agricultores traballando na "nosa pequena casiña"

Grazas, Carme!