FONDO LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018

Vén de publicarse na web da Consellería de Educación a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Pódese consultar no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/dog_convocatoria_fondolibros_axudaslibros_e_material_escolar.pdf

As axudas para a adquisición de libros e material escolar poden solicitarse dende o 23 de maio ata o 23 de xuño (este incluído). O prazo é o mesmo para os nenos que vaian participar do fondo solidario de libros do centro.

O impreso pode descargarse dende a nosa web, na web da Consellería ou solicitalo no propio centro:

- Enlace de descarga da Consellería:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_i_-_ed330b_-_solicitude_1.pdf

AdxuntoTamaño
axudaslibrosmaterial.pdf2.2 MB