Activar e empregar o DNIe Dende fai uns anos todos os DNI que temos son DNIe (DNI electrónicos). Isto significa que podemos empregalos para a realización de trámites en liña, como: Sede Electrónica da Xunta, Sede Electrónica do Concello de Boiro, Sede Electróncia do Ministerio, Sede de Seguridade Social, Trámites na DXT... Cando fixemos a renovación do DNI déusenos un pequno sobre onde se indicaba o contrasinal para empregar o DNIe. O problema é que estes certificados, por motivos de seguridade, caducan aos 2 anos e, polo tanto, se fai máis de 2 anos que renovamos o DNI xa non estarán activos. Para activar o DNIe só hai que dirixirse a un punto de renovación do DNI da Policía Nacional e realizar un pequeno trámite de apenas 5 minutos. A continuación poñemos un videotitorial sobre a renovación e uso do DNIe. |
|||