Instalar e reconfigurar AbalarMóbil
A continuación deixamos o seguinte videotitorial que explica como instalar AbalarMóbil. Nota: Os contrasinais de AbalarMóbil teñen unha caducidade bastante frecuente (por motivos de seguridade) polo que se nalgún momento vemos que non podemos entrar co noso contrasinal é poque temos que crear un novo. Prememos en "esquecín o contrasinal" e seguimos os pasos indicados no vídeo dende o segundo 44''.
Tamén axuntamos o vídeo explicativo de todas as funcionalidades que ofrece o AbalarMóbil.
NOTA: Advertido o problema de que algunhas familias con varios fillos no centro non reciben mensaxes da titora ou titor dun deles... A quen lle suceda isto, debe (na aplicación AbalarMóvil) seguir estes pasos: 1- Abrir a aplicación AbalarMóvil. 2- Elixir un dos fillos ou fillas. 3- Pulsar nas tres liñas que aparecen arriba á esquerda, para desplegar o menú. 4- Premer na roda dentada de "configuración" que aparece abaixo de todo do menú. 5- Seleccionar o apartado "Notificacións" 6- Asegurarse que todas as notificacións están activas para todo o alumnado. 7- De non arranxarse a situación, os servizos da Consellería recomendan reinstalar a aplicación.
|
|||