Os ataques de hackers son algo habitual, acentuado polo grande uso que se lle está dando a estas aplicacións, pero pode ser evitado en grande medida seguindo os consellos habituais de seguridade á hora de facer unha videoconferencia:
- Ter o equipo e programas actualizados. Cada vez que se detecta un problema de seguridade as empresas sacan actualizacións que corrixen estes erros, polo que se recomenda de o sistema operativo e as aplicacións actualizadas.
- O navegador debe estar actualizado e cantos menos complementos/plugins teña mellor. A máis aplicacións instaladas no navegador máis posibilidade de que exista un erro que permita ser explotado.
- Facer uso en software antivirus/firewall. O Windows, por exemplo, xa trae un software destes preinstalados per é necesario telo activado e actualizado. Tamén se pode instalar algún outro, aínda que teña coidado cos datos que proporciona: Listaxe de Antivirus Gratuítos
- Á hora de facer conferencias intentar evitar empregar nomes de sala predeseñados e fáciles de acceder. É máis sinxelo que un hacker atope unha sala de conversas chamada “quedada”, “amigos”, “clase”... que unha que se chame “Fer&Juan”, “Au_la_2BACH” ou “Am1gUiT0s” (é moi útil empregar minúsculas, maiúsculas, números...)
- Establecer SEMPRE un contrasinal para poder entrar ou, se o permite a aplicación, que o administrador deba permitir a entrada.
- Estar atentos a calquera anomalía que se produza, unha entrada non desexada ou de alguén descoñecido... se xa estamos todos non debería haber ninguén máis. Nese caso: expulsar a ese visitante ou dar por finalizado o chat e quedar con outros datos de acceso e noutro momento.
- Empregar conexións Proxys ou VPN seguras. Ver información: NordVPN ou similares
- Se dispoñedes de coñecementos, pódense empregar entornos Sandbox que crean unha capa de seguridade extra ao noso ordenador, moi efectiva para determinados usos como: navegar por internet... Información sobre o SandBox de Windows
Hai que ter en conta que calquera cousa conectada a internet é hackeable e por tanto a súa segurade está exposta. O ideal sería ter un equipo específico para estas cousas onde non conservemos datos persoais, datos bancarios... pero isto é moi complicado. A idea é dificultar a entrada a estes individuos, darnos o suficiente tempo para poder reaccionar: expulsalo, pechar a aplicación, borrar aquivos temporais, apagar o equipo...
¡O fundamental é estar moi atento e desconfiar ante calquera cousa inusual!