Cuarto |
Para os que teñen problemas de impresión das fichas, estamos intentando corrixir este erro. De todos xeitos, á hora de imprimir, asegurádevos de que tedes seleccionada a impresora correcta, de que a saída de papel é A4 e de ter accionada a opción "axustar a páxina" ("axustar páxinas grandes"... ou outra similar; pois dependendo: do equipo, sistema operativo, impresora... pode variar) Desculpen as molestias. ¡Isto colleunos por sorpresa a todos! Un saúdo. |
|||
Ola moito animo e pronto estaremos de volta no cole. Gustariame si e posible unirse a iniciativa da Mensaxe Solidaria,consiste que cada NEN@ faga un debuxo do arco iris .Despois o poden pegar nas VENTANAS.SI E POSIBLE TAMEN SACAR 1 FOTO E ENVIALO A SEGUINTE DIRECCION DE CORREO:dreybenlloch@gmail.com.tamen o podedes gardar e traer cando comencen as clases.faremos un mural con todos os debuxos. MOITO ANIMO.GRACIAS. |
|||
Boas tardes. Como comezamos a ponte de San José , non imos cargar de tarefas, pero dado o tempo que temos que pasar nas casas, creo que aínda poden ser divertidas. Lede algún libro que vos guste. Podedes repasar en Naturais o animais vertebrados. Saúdos. |
|||
Bo día familias! Good morning! How are you today? Xa chegamos ao mércores, Wednesday 18th of March (estaría xenial, meus queridos alumnos e alumnas, se vós tamén anotades a data de cando en vez para non esquecer as rutinas básicas). Para esta fin de semana longa que temos, xa que chega a ponte, vouvos deixar un par de fichas para facer, e tendes de tempo ata o martes, día no que subirei na web as solucións para que corrixades as fichas en casa. Lembrade que para a semana que ven rematamos xa a Unidade 4. Tamén indico a continuación unha dirección de correo adicada aos meus alumnos e a pais e nais, polo que non dubidedes en contactar comigo a través dela se tedes dúbidas ou consultas: |
|||
|
|||
|
|||
Bos días. Diante da situación actual, e para tentar de aproveitar da mellor maneira o tempo de estudo, recomendo que todo o alumnado siga as indicacións que irei transmitindo por esta canle. Neste primeiro día , e seguindo un pouco o horario que temos na clase, sería de interese que empezaramos por repasar os temas que xa demos : Matemáticas: tema 6 / activ página 92 - 5, 6, y 7 Lengua: tema 6 /pág 92- 1, 2, 3 y 5 Lingua tema 6 /pág 81 -5, 6 ,7 e 8 |
|||
Ola a tod@s! Agardo que estas dúas semanas pasen pronto e sempre con optimismo. Mediante esta plataforma comunicareivos e facilitareivos as tarefas e os materiais para que os vosos fillos e as vosas fillas poidan traballar os contidos da materia e repasen ben a Unidade correspondente. Os alumnos e alumnas de 4º tiñan instrucións de levar o libro e o portfolio de inglés para casa, con todo eu engadirei cando sexa preciso arquivos pdf con novas fichas e actividades. Para comezar esta semana, os nenos e nenas deberán completar o seu Picture Dictionary ata a Unit 4, e rematarán os deberes que levaban para casa: un writing que deberán entregar cando se reanuden as clases. Os que xa o remataron, deberán ler a historia que ven ao final da Unidade 4. |
|||
Lembrade que aínda que estamos en Estado de Alarma, a partir deste luns 16, están canceladas as clases en modo presencial pero SEGUEN EN MODO TELEMÁTICO. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9