Blogues

Novembro cultural

HALLOWEEN COLLABORATIVE MURAL

O alumando de primaria elaborou uns murais mois terroríficos co motivo da celebración de Halloween.

Día da Bici

O vindeiro 6 de novembro (domingo) celebrarase o Día da Bici no Concello de Boiro. A saída, se fai bo tempo, realizarase ás 11:30 dende a Praza de Galicia.

O Concello pide ás súas disculpas polos defectos organizativos/informativos alleos ao mesmo Concello e lembra que é necesario unha inscrición por cada asistente; co fin de organizar anvixilancia e avituallamento. Polo que, de ir unha nena e a súa nai, debería entregarse unha inscrición pola nena (coa correspondente autorización) e unha inscrición pola nai.

Axunto poden atopar un imprimible da inscrición que poden entregar no centro ou, preferiblemente, na sección de Deportes do Concello de Boiro en A Cachada.

 

 

HALLOWEEN ENGLISH ACTIVITIES

Ao longo desta pasada semana estivemos aprendendo e repasando vocabulario sobre Halloween a través de xogos, cancións e vídeos.

Que ben o pasamos!!!

SPEAKING ACTIVITY 4º

O alumnado de 4º estivo repasando o contido desta unidade 1: Physical Description cun xogo moi divertido onde tiñan que adiviñan quen era o intruso empregando para iso preguntas co verbo Have got.

HENNA TATTOO

Este curso contamos de novo coa colaboración da nosa auxiliar de conversa Superva Ogra que ven dende a India.

O primeiro día estivemos facendo algún xogo, amosounos á súa recente viaxe á India onde asistiu á boda da súa irmá e aprendemos moito dos traxes típicos, da celebración e da comida tradicional.

Rematamos a sesión facéndonos tatuaxes de henna como lle fan á noiva o día anterior da voda.

TALK TO ME

Para esta primeira tarefa do proxecto eTwinning, quixemos implicar a todo o alumnado de primaria.

A actividade consistiu en facer un mural colaborativo conmemorando o Día Europeo das Linguas onde reflexaran a frase "Talk to me" nas linguas nas que falan ou están aprendendo no colexio.

Este mural está exposto no taboleiro da entrada do centro e no tabolerio virtual do proxecto xunto cos traballos dos demais países europeos participantes neste proxecto.

Lazo negro

O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro lamenta o fatídico accidente acontecido nas instalacións do IES Julio Prieto Nespereira.

Actividade de Recreos Deportivos

Hoxe, como todos os mércores deste curso, desenvolveuse unha parte da actividade que bautizamos como "Recreos deportivos"; onde diferentes clubes deportivos do concello traballarán co noso alumnado.

Xa pasou por onda nós o Clube de Baloncesto (que ademais a partir deste curso realizará parte da súa actividade nas instalacións do noso centro) e as fotos de hoxe corresponden á actividade do Clube de Voleibol.

Agradecemos moitísimo estas colaboracións que nos brindan os clubes do concello.

 

"Mens sana in corpore sano"

Actividade de fútbol para os máis pequenos

Empezan os entrenos na categoría Biberón (nados en 2017-2018)

 

Tunel do Terror

Como nestes últimos anos, no Concello de Boiro, disporemos dun túnel do Terror.

 

8ª CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

ADIADO!

 

Un ano máis o CEIPP de Abanqueiro quere colaborar coa investigación sobre a leucemia infantil, polo que solicitamos a vosa colaboración aportando un donativo mínimo de 1€ e convidamos ás familias a participar na carreira solidaria do vindeiro xoves día 27 ás 13 horas o vindeiro venres 4 de novembro ás 13 horas.

 

Falemos de Autismo

A ANPA Torre de Goiáns organiza esta xornada que pode ser de interese para familia e docentes.

 

Plan Dixital do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro

Axunto o Plan Dixital do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro.

Actividades culturais de outubro

Actividades culturais de outubro de 2022 bi cibcekki de Boiro.

 

 Para máis info, clicar na imaxe

Distribuir contido