Blogues

Versión de Funky Staff de Segundo de Primaria

Aquí vos deixamos unha sorpresa que fixeron os nenos de segundo acompañada do "Mono Maraqueiro".

Unha versión de Funky Staff.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Amazona de Terceiro de Primaria

Aquí vos deixamos a versión de Amazona do alumnado de terceiro de primaria.

VISITA AO PAZO GOIÁNS

O pasado xoves 2 e venres 3 de febreiro, o alumnado de Abanqueiro visitou o Pazo de Goiáns, alí aprendemos moito sobre árbores centenarias e tamén estivemos prantando. Logo puidemos entrar no Pazo e aprender un pouquiño da súa historia. Encantounos a historia da serea Mariña.

Aquí vos deixamos unha reportaxe da nosa visita.

https://photos.app.goo.gl/sh31wSXnnEgihBLD8

Brit Award Segundo de Primaria

Bos días, aquí vos deixamos a gravación de Segundo de Primaria da peza Brit Award e que o alulmnado decidiu bautizala como "O Soldado Cantón".

TEATRO INGLÉS EN SANTIAGO

 

O alumnado de 3º a 6º de primaria asistiu o pasado 17 de febreiro a unha obra de teatro en inglés: Treasure Island. Aproveitamos a visita para coñecer o Museo do Pobo Galego e o Museo de Arte Contemporáneo.

 

 

PEACE DAY

Dende o departamento de Arts fixemos varias cousiñas para conmemorar o Día da Paz:

un mural colaborativo e unha coroa por cada aula de primaria.

PROBA V

PDF PROBA FORMACIÓN

progando

AGASALLO DENDE POLONIA

Hoxe recibimos un agasallo dende Polonia que nos fixo moita ilusión.

Na cidade de Torun teñen unha das máis importantes fábricas de xenxibre e dende alí nos enviaron varias galletas para probar: de limón, con ciruela, con chocolate... e para os alumnos de 4º e 6º unha barriña de chocolate.

Recibimos con moito entusiasmo este agasallo:

Charla sobre TDAH

ALPHABET

Nesta ocasión o alumnado de 4º e 6º de primaria gravou un video dicindo o abecedario en lingua castelá que verá o resto de países participantes. 

Xa puidemos ver como é o abecedario en ruso e en turco!

Merca de material deportivo coa subvención do Concello de Boiro

Acabamos de mercar algún material deportivo novo para ampliar as nosas ferramentas de traballo e repoñer algún material estragado.

¡Que ben o imos a pasar grazas ao Concello de Boiro!

FESTIVAL DE NADAL 2022

Queremos agradecer o traballo e o esforzo das nenas e nenos de Abanqueiro nas diferentes actuacións do Festival de Nadal. 

Tamén queremos agradecer a colaboración das familias para que de forma cívica este acto se puidera levar a cabo.

No seguinte enlace podedes atopar todas as actuacións:

FESTIVAL DE NADAL 2022

Distribuir contido